Pages

A la derecha tenéis un traductor. Eskuinera itzultzaile bat duzue. A la dreta teniu un traductor. À direita tendes um tradutor. To the right have a translator.

Circus

Pasen e vexan donas e cabaleiros



Pouco se pode dicir de “Circus” (e pouco se pode ler nel) que non se vexa xa no vídeo ( no que soa o Réquiem en Re Menor k.626 de Wolfgang Amadeus Mozart) É sobre todo unha ledicia para os sensos... Escuro no seu fondo, nace do carbón vexetal, pero con pinceladas de cor que lle dan ese aire de sono estraño. Non me podo resistir a comentar este álbum a pesares de non ter saído inda en España, por que o vídeo que a editorial italiana Illustrati nos ofrece é coma un bombón recheo de praliné. Repito que non se pode dicir moito máis que o que se ve, por o cal apenas poño imaxes. Xulgade vós, sei que terá detractores, pero sei tamén que terá defensores que, coma min, desexen unha pronta edición en España. E, neste caso, non teñen moita escusa, por que non van gastar nin un patacón en tradución. En resumo, un fermoso álbum ilustrado, sen verbas e con contundentes e máxicas ilustracións.


FICHA DE PUBLICACIÓN

Circus

AUTORIA------------ Ana Juan

ILUSTRACIÓN----- Ana Juan

EDITORIAL--------- Logos (http://www.libri.it)

COLECCIÓN---------

ANO DE EDICIÓN-2009

PAXINAS-------------84

A PARTIR DE-------? anos

ISBN------------------- 9788857600680

De arte e silencio
Internet ten de bo (entre outras moitas cousas) que facilita moito as comunicacións, por desgraza en moitos casos faias máis frías. Tampouco se pode pedir moito máis, sobre todo cando a cordialidade de Ana Juan fai que a “charla” sexa agradable. O seu primeiro traballo como ilustradora infantil (“Frida” no 2002) faría que esta Valenciana puxésese no punto de mira (metafórico, non nos poñamos violentos) de moitos de nós, e “Comenoches”, seu primeiro libro como autora, fixo que entrase por méritos propios na nosa lista de autores a ter sempre en conta. Por iso mesmo non me puiden resistir a facerlle unhas preguntas.

Colixu: Esta é unha pregunta que sempre me gusta facer...e que probablemente che fixesen cheas de veces. Estudaches Belas Artes, polo cal é obvio que non é algo casual que terminases no mundo da ilustración pero por que empezaches a ilustrar en detrimento de outras artes? Necesidade? gusto? Por cumprir un soño?

Ana Juan: Como ben dis fixen Belas Artes pero sen un obxectivo concreto, supúñase que debería de ser pintora ou polo menos tentalo pero despois de cinco anos comprendía que non tiña o interese suficiente para enfrontarme ao mundo das galerías e da arte.
Máis ben gustábanme os libros e nos dous últimos anos da carreira procurei derivar todos os meus traballos cara a eles así que cando acabei decidín seguir o camiño que sempre me interesou, o da ilustración e deixar á marxe a pintura. Gozo pintando pero sen compromisos ,ademais
creo que non hai unha fronteira que delimite o meu traballo como ilustradora que o de pintora máis aló do formato e o soporte sobre o que se traballe.


Colixu: Algo de soño terá cando te vas da túa Valencia natal a un Madrid en plena efervescencia da chamada movida Madrileña, se non me equivoco comezas a traballar para a revista “Madriz” que tiña como director artístico a Felipe Hernández Cava. Penso que desde entón non volviches a facer cómic, Non era o teu mundo?

Ana Juan: O cómic non era, nin é o meu medio. Gústame e necesito contar cousas , historias, pero procuro buscar outros camiños que o das viñetas que me “encorpiña” e mediatiza. Non teño nada en contra pero sinxelamente non sinto a gusto non creo estar dotada para esta arte.

Colixu: Moitos definen esta etapa túa como expresionista e din que agora estas en unha etapa Naïf. Eu, persoalmente, non son partidario de etiquetas pero que opinas ti respecto diso?

Ana Juan: Eu tampouco son partidaria de etiquetas e menos destas tan contundentes como equivocadas.
Non creo ter nada que ver co mundo expresionista e nin moito menos co estilo Naïve.
é de risa que se me cualifique de “artista Naïve” como vin escrito en máis dunha ocasión,
pero sempre ocorre o mesmo , alguén ten a necesidade de catalogar e pon unha etiqueta , outros necesitan catalogarche e cópiana , así ata que podes chegar a converterche no que non es nin nunca pretendiches ser.


Colixu: O teu traballo está en infinidade de soportes e moitas áreas, ilustraches paraugas, reloxos, libros infantís, a portada do “The New Yorker”, portadas de discos, esculturas.... Supoño que cada obra necesita un enfoque distinto pola túa banda, con cal che sentes máis a gusto? ou é esta variedade o que de verdade che fai sentirche cómoda?

Ana Juan: Calquera traballo dirixido a un soporte diferente necesita unha formulación distinta. Todos os que mencionaches interésanme e o tomo sempre como un reto que fai desta profesión algo vivo e emocionante.


Colixu: En canto á literatura infantil e xuvenil , o teu primeiro libro neste campo “Frida” (editado en España por Alfaguara Infantil http://www.alfaguarainfantilyjuvenil.com ) e o teu ultimo libro “Circus” (editado en Italia por Logos http://www.libri.it, o cal espero ver pronto en España) poden ser de todo menos típicos. Supoño que será algo feito a posta non? Ou o texto obriga máis do que parece?

Ana Juan: Non houbo en ningún dos dous casos unha vontade de saírme da norma simplemente son dous traballos feitos co corazón.
No caso de “Circus” o texto é inexistente así que pouco podía mediatizarme, tiña o meu propio guión ao que puiden someter a variacións sempre que o necesitei, mentres que no caso de “Frida”, o texto era doutro autor pero suficientemente aberto e suxestivo para dar moita liberdade ao ilustrador.

Colixu: Crees que a literatura infantil debe fuxir da “pastelosidade” na que algúns tratan de metela e, dalgún modo, regresar ás súas orixes menos politicamente correctos? Que cambiarías do xénero?

Ana Juan: Molestame moitísimo os medos que demostran moitos editores a ser incorrectos a molestar a alguén ou a unha comunidade, sobre todo en USA, isto é castrante e pouco espazo deixa para a creatividade.

Colixu: Estados Unidos, Xapón, España, Italia. Cada mercado debe ser un mundo Non é así? Con cal che sentes máis a gusto? Cal che trata mellor como autora?

Ana Juan: En todas partes sentinme ben tratada e valorada e se nalgún lugar non me atopei a gusto, simplemente non volvín.
Todos os mercados teñen as súas vantaxes e inconvenientes, nuns gozas de máis liberdade e de menos diñeiro noutros , economicamente son máis vantaxosos pero máis encorpiñan. Uns déixanche moito tempo para desenvolver un proxecto cunha planificación exhaustiva mentres que noutros se vive na improvisación para o bo e para o malo.

Colixu: Tanto na túa faceta de “ilustradora” como de “autora” Como te enfrontas á creación dunha das túas obras?

Ana Juan: Con honestidade, alegría sempre que podo .

Colixu: Se imbrican ambas as facetas ou pola contra necesitas afastalas?

Ana Juan: Axúdanse a crecer mutuamente

Colixu: Como chegou a inspiración para "Circus"?

Ana Juan: Propuxéronme un libro sen palabras algo que xa fixera co primeiro álbum que publiquei, “Requiem” e este reto era unha ambición que me apetecía retomar.

Colixu: Por que ese tratamento de cor tan nímio?

Ana Juan: Creo que lle dá inquietude e potencia o misterio do branco e negro.

Colixu: Que crees que che depara o futuro en canto a ilustración refírese?
Ana Juan: Espero que bos momentos, proxectos interesantes, pero sobre todo, a ocasión de seguir vivindo e gozando do meu traballo

Colixu: En que editorial ou obra gustaríache traballar?

Ana Juan: Naquela onde coiden o meu traballo con agarimo e coidado en canto á obra non adoito perseguir a ningunha prefiro atoparmas no camiño, dá mellor resultado.

Colixu: Por ultimo ( e creo,do mesmo xeito que pola primeira pregunta, por isto debes pasar moitas veces) poderías recomendar unha obra ou autor?

Ana Juan: Non, non me gusta recomendar nada, cada un debe de facer o seu propia experiencia.

Colixu: Só quédame agradecerlle a súa amabilidade e pedirlle desculpas polo tempo que perdeu respondendo estas preguntas. Reitero o de que espero ver pronto “Circus” aquí en España. E dou moitas grazas e unha forte aperta.


As imaxes son propiedade e Copyrigth © deAna Juab e editorial Logos ( http://www.libri.it) por "Circus" y deAlfaguara por (http://www.alfaguarainfantilyjuvenil.com) por "Frida"

btemplates

15 comentarios:

Giraluna dijo...

Maravillosa entrevista!!!!
Me ha encantado, he disfrutado un montón y he conocido un poquito más a una ilustradora a la que admiro ;)

Muchas gracias Ruan, seguiré muy atenta a todas las cosas buenas que nos muestras en tu blog.

Besos

RuAn dijo...

Me alegro de que te gustase, además eres la primera en comentar. Gracias.

Laura Catalán dijo...

Gracias Ruan! buenísima entrevista, me encanta esta ilustradora y no conocía Circus, espero que lo traigan pronto.

RuAn dijo...

Laura Catalán, pues solo con saber que e colaborado en que sepas de su esistencia...ya me siento bien. Un bico preciosa

UnoCosa dijo...

thank you so much for introducing the video - i enjoyed it so much! xx

RuAn dijo...

I gladden UnoCosa. I hope to read by here often. Greetings

Dr. Dulcamara dijo...

Wow, estoy encantado. Que hermosas ilustraciones.

Saludos

RuAn dijo...

Dr Dulcamara, a la autora se deben. Saúdos e apertas

Francisco Martins dijo...

Olá RuAn,
muito obrigado pelo teu comentário no meu blog! :)

O teu blog é muito interessante! Não conhecia esta ilustradra nem este projecto "circus" que me parece ter muita qualidade. Obrigado por partilhares connosco esta preciosa informação!

Abrazo desde Portugal

TONY GANEM dijo...

Genial álbum! Espero que llegue a Argentina de una u otra forma.
Una pregunta, RuAn, qué significa "apertas"? unca lo supe y suele ser tu forma de despedirte. Saludos!

Amelie dijo...

Tremendo! :D

Littlerat dijo...

Fantastico! Maravisollo! Un ilustradora a la que admiro, con unos trabajos increibles! Muchas gracias RuAn! Un saludo!

An dijo...

TONY GANEM, espero que si, que llegue, es una obra excelente.

Amelie. di que si, di que si. Bicos.

Littlera, Gracias a ti por pasar por aqui.


Tengo que ponerme las pilas y actualizar más a menudo...hasta ahora las ganas y las fuerzas (interiores) pocas...espero recuperar el ansia...pronto. SAúdos

Francisco Martins dijo...

RuAn muito obrigado pelo teu comentário no meu blog!
Fuerte abrazo desde Lisboa

Francisco

Francisco Martins dijo...

RuAn! como estás?
Muchas gracias por tu comentário en mi blog!
Um excelente 2011 para ti, tudo de bom e muito sucesso!
Um grande abraço!

Francisco