Colixu: Músico, Ex libreiro, editor, escritor...Todo parece empurrarche cara a unha profesión relacionada coa arte, pero por que escritor?
Fernando M Cimadevila: O de ser escritor non é algo que un poida decidir, é algo que ven innato a unha persoa. Como unha voceciña que che susurra dende o interior toda a túa vida, que che fala de historias, de persoas, de situacións que non existen, e que so cala cando o fin as sacas o mundo exterior. Moita xente, o igual ca min, sinte ese rumor, esa chamada, e o igual ca min disimula durante anos ou fai ouvidos xordos, por medo, por falta de tempo, por non saber escoitar... por mil e unha razóns, cada quen ten a súa. Neste caso sempre foi algo que quixen facer, dende moi novo, e de feito na miña adolescencia comecei varios proxectos, pero logo chegou a música, e atopei grandes amigos cos que compartin doce anos de concertos, ensaios e experiencias que so na xuventude poden ser vividas axeitadamente. Quizáis agora, con algo máis de madurez, tempo, e con menos ánimos para voltar o asfalto, a creatividade obrigoume o fin a escoitar o escritor que sempre se mantuvo a espera.
Colixu: E posto a ser escritor, escritor de literatura fantástica. Xénero moi desnortado con cousas como a saga “Crepúsculo” que a pesar de ser un super vendas (e só é unha idea persoal) paréceme un pouco cursi. Es dos que pensa que os mozos non gustan dunha literatura máis complexa ou dos que cren que alguén impón o que len?
Fernando M Cimadevila: A literatúra fantástica desnortada? Jajaja... é o autor quen perde o rumbo, non o xénero. Mira os top-ten mundiais de vendas de libros, atoparás Canción de lume e xeo, O nome do vento... a fantasía segue haí, irreductible. Pensa non libros máis vendidos da historia, Harry Potter, O señor dos aneis, O código Davinci. O de Crepúsculo e como dicir “como este libro é moi cursi e malo, toda a literatúra tamén o é”. Os adultos tamén leen moita basura, so tes que ver as biografías de famosetes e demáis farándula. Por certo, se algo aprendín na música e que menos as veces é máis. Algo por ser máis complexo non é intrínsicamente mellor nin ten máis calidade, rondan por estas terras moitos acróbatas semánticos que pensan que iso é escribir mellor, e que os parvos somos o resto por non entendelos.
Colixu: Son consciente de que non ten por que gustarche todo o que se faga do xénero fantástico e que, como comentamos nunha ocasión, Harry Potter non é da túa devoción. Eu pola contra atópolle algúns valores, a máis de ser un revulsivo para atraer ó eido que nos atinxe a moitos mozos que descoñecían unha literatura, moi habitual a principios e mediados do século pasado, e que pouco a pouco pareceu perder fol. Concordas comigo niso?
Fernando M Cimadevila: Completamente, que non sexa da miña devoción non significa que non me guste. Lin os tres primeiros, e me pareceron boas novelas... pero como xa dixen, non tanto como para devocionalos, que serían palabras maiores. Dentro da fantasía actual George R.R.Martín está moi por riba da señora Rowling.
Colixu: Do “Apalpador vs Papá Noel” pasas a escribir “O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños” Nun a tradición popular galega mestúrase cunha máis “internacional”. Na outra obra, aparentemente, a unión coa nosa tradición brilla pola súa ausencia. Con cal te sentiches máis cómodo mentres o escribiches?
Fernando M Cimadevila: Foi o revés, o primeiro en ser escrito foi Basilius. Esta novela como puideches comprobar non está ubicada en ningún lugar concreto, e precisamente esa era a imaxe que quería transmitir. Que cada quen a visualice e a introduza no seu entorno de maneira individual. Non fago referencias a Galiza pero tampouco as nego, podería estar ubicada neste país perfectamente. Penso que o universo de Basilius debe ser universal, como a fantasía. En canto o de máis cómodo, son dous traballos totálmente diferentes, pero neste caso Basilius é algo que absorve a miña vida dende fai un par de anos, un proxecto de tal envergadura que xa forma parte da miña existencia. E o Apalpador ainda que foi divertido non chega a ese nivel.

Colixu: Ó principio de cada episodio de Basilius pos unha frase có tema dos gatos. Falando diso con outros lectores, algúns opinan que lastra un pouco a lectura por que fai perder o fío. Agora, despois de pasado un tempo, segue a parecerche boa idea telas metido?
Fernando M Cimadevila: Totálmente, como soe dicirse, nunca chove a gusto de todos. Tamén temos visto o caso contrario, algúnha xente comenta que foi un grande acerto e das cousas que máis lle gustaron. Paréceme un pouco esaxerado dicir que unha soa frase, entre cada capítulo, fai perder o fío. Ou o nivel de concentración do lector é moi baixo o non lle atopo moita explicación. Ademáis que se a alguén non lle gustan non ten máis que saltalas. Pero si teñen un porqué, pois en xeral gardán relación sobre a esencia do capítulo, se queres elixe unha e te poño un exemplo.
Colixu: Non, non grazas, non é preciso, eu non son dos que opinan dese xeito. Iso si en ocasións o lugar onde me conducía o texto parecíame un pouco obvio. Sei ben que este primeiro volume, da que agardo sexa unha frutífera saga, precisa presentar e definir as personaxes, pero non pensas que pode desanimar a algúns lectores a seguir léndoa?
Fernando M Cimadevila: Pois es a primeira persoa que o comenta, ou ben tes unha gran intuición e imaxinación, ou ata o de agora ninguén previu por onde iban os tiros. Moitos rapaces felicitáronnos precisamente por iso, porque pensaban que xa sabían como ía desenrolarse a historia e logo se atopaban cas sorpresas e os xiros argumentais. E polo que está a insistir a xente co segundo libro non os vexo moi desanimados... jejeje.
Colixu: No fondo é un libro que fala moito da amizade e o sacrificio polos demais en detrimento do beneficio propio. Ha que político, ou persoeiro, crees que lle viría ben este libro?
Fernando M Cimadevila: Pois na propia dedicadoria do libro o deixo claro, viríalle ben sobretodo a aqueles que esqueceron soñar, e que xa non lembran que nalgún momento eles tamén foron nenos. A toda esa xente demasiado ocupada en gañar diñeiro, en manter o poder, demasiado ocupados para darse conta que a auténtica felicidade está máis cerca do que eles pensan.
Colixu: Crees que de suceder realmente, as personaxes serian tan heroicos? Eu teño as miñas dúbidas.
Fernando M Cimadevila: Jejeje... por algo se chama fantasía. Pero eu sigo a crer na xente, e podo asegurarte que cada día miles de persoas arriscan as súas vidas polos demais, e que non moi lonxe de nos, temos persoas que son cen veces máis heroicas que os meus personaxes. Neste mundo hai moita maldade e sufrimento, pero tamén sei que hai a mesma cantidade de bondade e valor.

Colixu: Por que, ademais de por as súas ilustracións teríamos que mercar “O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños?” Convence os indecisos.
Fernando M Cimadevila: Porque abrir o Mundo secreto de Basilius Hoffman é como abrir a porta a un lugar misterioso e o mesmo tempo familiar, no que por uns intres voltaremos a recuperar esa máxia que xa críamos perdida na nosa xuventude. Penso que ademais de divertirnos ca historia e cos personaxes, recuperamos un pedaciño do neno que un día fomos.
Colixu: Para ir rematando e non roubarche máis tempo. Que visión tes da literatura infantil actual e pasada?
Fernando M Cimadevila: Penso que cada día medra a pasos axigantados, estanse a crear obras estupendas. Os autores teñen que ser cada vez máis imaxinativos. As edicións son cada vez máis alucinantes, xa temos librarías especializadas neste tipo de literatura. Os clubes de lectura seguen a multiplicarse. Penso que as bases para os lectores do futuro estanse asentando firmes, pouco a pouco, pero moito máis solidamente que as do mercado adulto. Como podes ver non son dos de “todo tempo pasado foi millor”.
Colixu: Recoméndanos, se che prace, un libro infantil ou xuvenil?
Fernando M Cimadevila: Recoméndovos “O morador da Fenda”, fantasía épica Made in Galiza.
Colixu: Grazas polo teu tempo, agardo que o futuro che depare moito éxito e que as preguntas fosen do teu agrado. Apertas.
Fernando M Cimadevila: Graciñas a ti polo interese no meu traballo, espero que nese futuro os nosos camiños vaian a par.
As imaxes son propiedade e Copyrigth © de Iván Valladares (http://ivanvalladares.deviantart.com/) por O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Pater (http://paterdixit.deviantart.com/) por Apalpador Vs Papá Noel así como das editoriais correspondentes