Pages

A la derecha tenéis un traductor. Eskuinera itzultzaile bat duzue. A la dreta teniu un traductor. À direita tendes um tradutor. To the right have a translator.

III PREMIO COMPOSTELA PARA ALBÚNS ILUSTRADOS

PEP BRUNO E MARIONA CABASSA GAÑAN O III PREMIO
INTERNACIONAL COMPOSTELA COA OBRA “LA FAMILIA C”
Raimon Juventeny con “ “Manual del buen paseante. Descripción en veinte puntos”, e Vanina Soledad Starkoff con “Bailar en las nubes” son os finalistas do certame


Fonte: Editorial Kalandraka (http://www.kalandraka.com/)

O texto de Pep Bruno “La Familia C”,ilustrado por Mariona Cabassa, é o que ven de gañar o III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado Organizado polo concello de Compostela e a editorial Kalandraka.
O texto Conta a historia dunha familia que adora o circo " e iso dálle color a súa vida" , dixo o autor, Pep Bruno. As ilustracións, realizadas con técnica mixta, destacan polo seu colorido e forza expresiva. O xurado definiu este álbum como “imaxinativo, orixinal e moderno”.
O autor -afincado en Guadalaxara- é narrador oral e escritor entre outras moitas cousas. Ten publicados varios álbums infantís e libros de contos para adultos. Gañou o IV Premio Internacional de Álbum Ilustrado Biblioteca Insular Cabildo de Gran Canaria.
A ilustradora tamén ten experiencia na publicación de
álbums para público infantil.
Estudou na Escola Massana de Barcelona e completou a súa formación académica en Francia. Recibiu o Premio da Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña en 2003 e 2009. Ademais, foi seleccionada en 2005 para participar na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña.
O premio esta dotado con 12000 ademais da publicación do libro en galego, castelán, catalán, euskera e portugués. Os traballos do catalán Raimon Juventeny Corberó, “Manual del buen paseante. Descripción en veinte puntos”, e da arxentina Vanina Soledad Starkoff, “Bailar en las nubes”, son os outros finalistas do certame. 


As imaxes son propiedade e Copyrigth © dos autores citados e Kalandraka


btemplates

0 comentarios: