III PREMIO COMPOSTELA PARA ALBÚNS ILUSTRADOS
PEP BRUNO E MARIONA CABASSA GAÑAN O III PREMIO
INTERNACIONAL COMPOSTELA COA OBRA “LA FAMILIA C”
Raimon Juventeny con “ “Manual del buen paseante. Descripción en veinte puntos”, e Vanina Soledad Starkoff con “Bailar en las nubes” son os finalistas do certame
Fonte: Editorial Kalandraka (http://www.kalandraka.com/)
O texto de Pep Bruno “La Familia C”,ilustrado por Mariona Cabassa, é o que ven de gañar o III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado Organizado polo concello de Compostela e a editorial Kalandraka.

O autor -afincado en Guadalaxara- é narrador oral e escritor entre outras moitas cousas. Ten publicados varios álbums infantís e libros de contos para adultos. Gañou o IV Premio Internacional de Álbum Ilustrado Biblioteca Insular Cabildo de Gran Canaria.
A ilustradora tamén ten experiencia na publicación de
álbums para público infantil.
Estudou na Escola Massana de Barcelona e completou a súa formación académica en Francia. Recibiu o Premio da Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña en 2003 e 2009. Ademais, foi seleccionada en 2005 para participar na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña.

As imaxes son propiedade e Copyrigth © dos autores citados e Kalandraka
0 comentarios:
Publicar un comentario