Pages

A la derecha tenéis un traductor. Eskuinera itzultzaile bat duzue. A la dreta teniu un traductor. À direita tendes um tradutor. To the right have a translator.

50 anos de Literatura infantil e xuvenil galega


A exposición permite ver a evolución do xénero dentro da nosa comunidade




Na biblioteca Ánxel Casal de Santiago pódense ver os 22 paneis que forman a mostra Mundos das historias-Historias do mundo que, dende onte e até o próximo día 27, conmemorara o 50 aniversario da literatura infantil e xuvenil galega.

A mostra, organizada por Gálix co apoio da Consellería de Cultura. percorre a produción literaria da nosa terra dende a publicación de Memorias dun neno labrego até os nosos días. Segundo o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Xunta de Galicia, o texto de Xosé Neira Vilas “é un clásico que xa anunciaba a riqueza que ía ter Galicia” no eido que nos ocupa.

Pola súa banda, Manuel Figueiras, presidente de Galix, subliñou que a produción literaria galega é "sólida e sen complexos" calificando a creación literaria galega como "produtos exportables"

A exposición percorrera as bibliotecas nodais de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.



Fonte: Conselleria de cultura da Xunta de Galicia (http://culturaeturismo.xunta.es)
As imaxes son propiedade e Copyrigth © dos autores e da Xunta de Galicia


btemplates

0 comentarios: