Resistencia!
Son fan desta moza Manter entre ela e súa compañeira unha libraría ( sen pertencer a unha gran cadea) non é somentes un acto de rebeldía é tamén unha loita diaria a contracorrente por e para a cultura. O uso de redes sociais ( Facebook, Instagram ...) por unha vez serve a prol da cultura e os libros ( ollo se se buscan atopanse outros moitos perfiles a prol da cultura) Parabéns a Libraría Clarion e a todas as librarias que loitan día a día por non pechar. Se andades por Carballo pasada pola Rua Valle Inclán n°1 e facedelle unha visita. Se non sempre tedes a súa web . Saúdos e boa lectura.
0 comentarios:
Publicar un comentario