Pages

A la derecha tenéis un traductor. Eskuinera itzultzaile bat duzue. A la dreta teniu un traductor. À direita tendes um tradutor. To the right have a translator.

As máscaras do profesor Robindra

Multiplicidade léxica e visual



Con tres das novidades da editorial Galaxia nas mans ( “Coma unha áncora” de Iria Collazo López, “Barthes filósofo” de Luís G. Soto e o libro que agora nos vai ocupar ) custoume ben pouco decantarme por a obra de Xoán Babarro. Non por que as demais fosen de baixa calidade, ó contrario, se non por que a deste libro é superlativa.
A propia presentación editorial quédase curta:
Este é un libro dentro de moitos libros, ou son moitos libros dentro dun libro.
Como as Mil e unha noites, lemos unha historia que leva dentro a semente doutra.
Un libro orixinalísimo.
Entra e verás.
Penso eu por invitar ó goce da súa lectura sen case ningunha idea preconcibida, eu non serei tan xeneroso. Este é un libro de relatos curtos xunguidos por un historia máis xeral, pero tamén é un libro de poesía, un libro de idiomas e un libro de arte, arte feito con letras e presente en varios ideogramas e arte nas mans da ilustradora Kristina Sabaite. Non é o seu mellor traballo, se cadra o bitono imperante na colección non axuda a elo, pero con todo son tremendamente imaxinativas e a pesares de todo ben fermosas.
Xoán Babarro que xa demostrou con un feixe de publicacións a súa calidade borda aquí unha obra maxistral que, xunguido a unhas moi boas ilustracións, fan de este un libro redondo e moi recomendable. 




FICHA DE PUBLICACIÓN

AS MÁSCARAS DO PROFESOR ROBINDRA

AUTORIA------------ Xoán Babarro

ILUSTRACIÓN----- Kristina Sabaite

EDITORIAL--------- Editorial Galaxia

COLECCIÓN---------Árbore

ANO DE EDICIÓN-2015

PAXINAS-------------127

A PARTIR DE-------10 anos

ISBN------------------- 978-84-9865-617-6 


As imaxes son propiedade e Copyrigth © de Kristina Sabaite (Krize) ( http://kristinasabaite.blogspot.com.es/ ) e de editorial galaxia (http://editorialgalaxia.es/)  pola edición que nos ocupa.
 

btemplates