As máscaras do profesor Robindra
Multiplicidade léxica e visual
Con
tres das novidades da editorial Galaxia nas mans ( “Coma
unha áncora” de Iria Collazo López, “Barthes
filósofo” de Luís G. Soto e o libro que agora nos vai
ocupar ) custoume ben pouco decantarme por a obra de Xoán
Babarro. Non por que as demais fosen de baixa calidade, ó
contrario, se non por que a deste libro é superlativa.
A
propia presentación editorial quédase curta:
Este
é un libro dentro de moitos libros, ou son moitos libros dentro dun
libro.
Como
as Mil e unha noites, lemos unha historia que leva dentro a semente
doutra.
Un
libro orixinalísimo.
Entra
e verás.
Penso
eu por invitar ó goce da súa lectura sen case ningunha idea
preconcibida, eu non serei tan xeneroso. Este é un libro de relatos
curtos xunguidos por un historia máis xeral, pero tamén é un libro
de poesía, un libro de idiomas e un libro de arte, arte feito con
letras e presente en varios ideogramas e arte nas mans da ilustradora
Kristina Sabaite. Non é o seu mellor traballo, se cadra o
bitono imperante na colección non axuda a elo, pero con todo son
tremendamente imaxinativas e a pesares de todo ben fermosas.
Xoán
Babarro que xa demostrou con un feixe de publicacións a súa
calidade borda aquí unha obra maxistral que, xunguido a unhas moi
boas ilustracións, fan de este un libro redondo e moi recomendable.
FICHA
DE PUBLICACIÓN
AS
MÁSCARAS DO PROFESOR ROBINDRA
AUTORIA------------
Xoán Babarro
ILUSTRACIÓN-----
Kristina Sabaite
EDITORIAL---------
Editorial Galaxia
COLECCIÓN---------Árbore
ANO
DE EDICIÓN-2015
PAXINAS-------------127
A
PARTIR DE-------10 anos
ISBN-------------------
978-84-9865-617-6
As imaxes son propiedade e Copyrigth © de Kristina Sabaite (Krize) ( http://kristinasabaite.blogspot.com.es/ ) e de editorial galaxia (http://editorialgalaxia.es/) pola edición que nos ocupa.